Os envíos de todos aqueles produtos que impliquen un envío físico, realízanse a través do servizo de Correos, na súa modalidade de correo certificado e con acuse de recibo, para que poidamos comprobar que recibiches correctamente o produto.
Instruccións en caso de devolución:
En caso de non che parecer satisfactorio o producto tes dereito a devolvelo sen nos dar ningunha explicación dentro dos 7 primeiros días despois da súa recepción, aínda que deberás costear os gastos de nolo enviar de volta. Se é este o caso fai o envío certificado e con acuse de recibo ao seguinte enderezo:
FILLOS DE GALICIA C/ Eguskiagirre, 7 - 1º dpto 5 E-48902 Barakaldo España
Tamén debes avisarnos da devolución por e-mail a servicios@fillos.org. En canto teñamos o producto de volta farémosche o reintegro do seu importe, agás os gastos de envío.
De calquera xeito hai algún produto que pola súa propia natureza non pode ser devolto unha vez entregado, como son os certificados de nacemento e documentos polo estilo.
Para outros casos especiais de envíos e devolucións consúltense as páxinas de cada produto.