|
Points Credit : 1.87 points Corrently valued at 1,87€
E no medio do val, érguese o lugr de Narahío asentado na súa meirande parte nunha enorme peneda granítica. Se algo sobra en Narahío, é pedra. Din que os primitivos poboadores construíron valados a esgallo non para estrema-las lindes de hortas, leiras e prados, que sería o normal, senón para facerlles sitio ós prados, leiras e hortas. Poida que sexa unha realidade histórica desproporcionada, como tamén que para face-los camiños entre as casas escavaron a pedra e despois encheron o escavado con terra carrexada do barranco da Areeira. Isto conta os vellos, que llelo contaron outros aínda máis vellos.
Capa dura, 196 páxs., 14 x 24
(2002)
|