A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

~~NOTOC~~ ===== Quen pode usar os galeuros ===== Aínda que naceron nese ámbito, non é preciso ser membro da //Comunidade Virtual Fillos de Galicia// para usar galeuros. Abonda con ter unha conta [[http://www.fillos.org/tenda|na tenda online de Fillos de Galicia]], máis que nada porque a contabilidade faise en parte (a parte online) usando o software da tenda. Así ter unha conta nesa tenda é coma quen ten unha conta nun banco por Internet. ===== Que obrigas teñen os posuidores de galeuros ===== Os galeuros pódense recibir e gastar sen ningunha formalidade alén do rexistro na devandita tenda online. Non hai que pagar ningunha cota de entrada ou participación. A única obriga que teñen é a de manter en todo momento operativa a súa conta de correo electrónico asociado á súa conta na [[http://www.galeuros.com/tenda|tenda online onde se fan as operacións cos galeuros]], xa que sen ese correo non poderán operar con eles. ==== Desemisión por duplo rebote ==== En novembro de 2009 aprobouse unha nova norma para regularizar a situación que se produce cando un/ha posuidor/a de galeuros deixa de ter acceso ao seu correo, ou este deixa de existir: no caso de que se reciban cando menos 2 mensaxes de erro ou //rebotes// (tipicamente identificados co asunto //Undelivered Mail Returned to Sender//) como resposta a mensaxes enviadas desde a administración dos galeuros (cun intervalo de tempo entre os envíos, superior a 5 días) que indiquen que a conta de correo asociada á conta dun/ha posuidor/a xa non existe, procederase a realizar a //des-emisión// deses galeuros, mediante un movemento que así o deixará reflectido nos movementos desa conta e na [[contabilidade]] xeral do sistema. Se o [[administrador dos galeuros]] ten constancia segura dalgunha outra maneira de que unha conta de correo xa non existe, poderá prescindir do envío desas 2 mensaxes de comprobación cun intervalo de 5 días, e procederá á des-emisión inmediata dos galeuros asociados a esa conta. A des-emisión consistirá en que os galeuros desa conta serán trasferidos á conta da Asociación cultural Fillos de Galicia. Polo tanto **é moi importante que cada posuidor manteña esa conta de e-mail actualizada**, e se a vai deixar de usar, deberá entrar na súa conta en http://www.galeuros.com/tenda e trocala por outra nova, avisando tamén aos administradores dos galeuros. Os responsables dos galeuros declinan calquera responsabilidade por esta situación e aconsellan a todos os posuidores que manteñan sempre correctamente actualizada a súa conta de correo electrónico asociada.