~~NOTOC~~ ===== Que significa emitir galeuros ===== //Emitir// galeuros significa //crealos//, poñelos en //circulación//. Quen emite moeda nun [[glosario#sistema_de_credito_mutuo_lets|sistema LETS]], fica cun **saldo negativo** na súa conta, e quen recibe os galeuros emitidos, cun saldo positivo. ===== Historia ===== Anteriormente á [[historia#ii_etapa_galeuros_2.0|II Etapa]] dos galeuros, soamente a Asociación Cultural Fillos de Galicia tiña a capacidade de emitir os galeuros. É dicir: era a única entidade con posibilidade de ter saldo negativo na súa conta de galeuros, e todos os demais participantes (posuidores de galeuros) só podían ter saldo 0 ou positivo. ===== Capacidade de emisión actual ===== Coa Reforma realizada na [[historia#ii_etapa_galeuros_2.0|II Etapa]] dase un paso importantísimo cara á configuración dun auténtico sistema LETS. Agora poden emitir (crear) galeuros, quedando con saldo negativo, ademais do propio emisor principal histórico (a Asociación Cultural Fillos de Galicia): * As persoas socias da Asociación Cultural Fillos de Galicia. * As [[Organizacións Participantes nos Galeuros]]. Facer uso da capacidade de emisión, loxicamente, será algo voluntario. ===== Límite de emisión ===== Os socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia e as [[Organizacións Participantes nos Galeuros]] só poderán emitir **ata un límite de 2.000 galeuros**. Isto quere dicir que o seu saldo negativo na [[contabilidade]] dos galeuros nunca poderá baixar dos -2.000 galeuros. A Asociación Cultural Fillos de Galicia, dado que parte dunha situación especial como único emisor na [[historia#i_etapa|I Etapa]], terá un límite maior, de 10.000 galeuros que non se debería sobrepasar sen advertir ao [[Comité Rector dos Galeuros]] para tomar medidas e analizar se a situación supón algún problema para a [[solidez]] do sistema. Se algún participante desexa emitir unha cantidade superior ao seu límite, poderao solicitar por escrito e xustificadamente, e o [[Comité Rector dos Galeuros]] podería autorizalo (sería unha especie de **microcrédito en galeuros**). P.ex. poderían ampliar o límite aqueles socios ou [[Organizacións Participantes nos Galeuros]] que teñan demostrado unha gran capacidade de vender en galeuros (movementos positivos nas súas contas). En resume, os límites de emisión de cada participante fican estabelecidos en: * Asociación Cultural Fillos de Galicia: 10.000 galeuros. * Socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia e [[Organizacións Participantes nos Galeuros]] que teñan asinado o documento de emisores: 2.000 galeuros (ampliables previa autorización do [[Comité Rector dos Galeuros]]). * Outros: 0 galeuros. O baremo que se tomará para avaliar a ampliación ou redución dun límite de emisión será **o duplo dos ingresos medios mensuais** da entidade nos últimos 12 meses de actividade. Así, se p.ex. un emisor vende de media por un importe de 1.500 euros/mes, podería dispor dun límite de 3.000 galeuros de emisión máxima. A autorización destes límites sempre quedará en mans do [[Comité Rector dos Galeuros]] que analizará caso por caso. É importante sinalar a este respecto que aínda que unha empresa, asociación non lucrativa ou profesional perda clientes ou ingresos iso non quere dicir necesariamente que perda a capacidade de aceptar galeuros a cambio dos seus servizos. Unha das [[para_que_serven|vantaxes]] precisamente da nosa moeda complementaria é que pode axudar a persoas que perden o seu traballo ou empresas que perden clientes, pero que aínda así manteñen intacta a súa capacidade de forneceder servizos de produtos de valor á sociedade, poida seguir tendo actividade. Xa que logo, o [[Comité Rector dos Galeuros]] deberá analizar coidadosamente se realmente se ten producido unha **perda na capacidade** ou simplemente unha perda de ingresos ou clientes. ===== Obrigas dos emisores ===== Emitir galeuros é un privilexio, un dereito, que implica unhas obrigas. A capacidade de emisión **obrigará ao emisor a aceptar tamén os galeuros como pagamento**, aínda que sexa parcialmente, polos servizos que preste ou polos produtos que venda (nun **mínimo dun 20%** por venda). Aí inclúense as cotas de afiliados nas entidades emisoras que sexan ONGs, p.ex. O [[Comité Rector dos Galeuros]] foi encargado de definir algunha maneira de //penalizar// aos emisores que manteñan durante máis de 1 ano un saldo negativo, agás ao emisor principal (a Asociación Cultural Fillos de Galicia). Inicialmente establécese esta penalización en **100 euros** por ano continuado de saldo negativo, que se deberán pagar ao [[Comité Rector dos Galeuros]], que os destinará obrigatoriamente a compensar os custos do propio sistema dos galeuros. Ao contrario que noutros sistemas de moeda complementaria, **non hai cota de entrada** algunha que deban abonar as persoas ou entidades que participen como emisores. As entidades ou persoas emisoras tamén teñen o deber de comunicar co [[Comité Rector dos Galeuros]] calquera variación da súa //capacidade de venta ou traballo// que poida minguar a base tomada para calcular a súa capacidade máxima de emisión. Así, p.ex. se unha entidade se acepta que pode chegar a emitir ata 5.000 galeuros porque ten unhas ventas mensuais determinadas, e perde un importante cliente fixo que fai que mingüen, iso produce unha mingua na súa capacidade de redención e polo tanto está obrigada a comunicalo para que se reevalúe o seu límite máximo de emisión. Se nese momento en que se decide baixarlle o máximo emitible, tivese xa emitido unha cantidade superior ao novo límite, o [[Comité Rector dos Galeuros]] estudará coa entidade ou persoa emisora implicada unha serie de medidas correctoras para reducir o seu saldo debedor ata niveis aceptables segundo o novo límite. ===== Acordo de emisión ===== Cada persoa ou entidade con capacidade de emisión deberá asinar un acordo de participación por escrito e remitilo ao [[Comité Rector dos Galeuros]] antes de poder facer uso dela. Este é o texto actual dese acordo, que poderá ser mellorado no futuro: <file> Mediante a sinatura deste acordo convírtome en participante no sistema de "moeda complementaria" e "crédito mutuo" da Asociación Cultural Fillos de Galicia (ACFDG), denominado "galeuros", adquirido a capacidade de emitir galeuros ate un límite máximo de ___________. Como participante disporei dunha conta online no enderezo www.galeuros.com/tenda onde poderei coñecer en calquera momento o meu saldo e movementos realizados, ademais de poder usar ese saldo directamente para realizar compras na propia tenda online da ACFDG. Esa conta estará vencellada ao correo electrónico ____________________________ que será o que me dea acceso xunto cun contrasinal que a ACFDG me comunicará. Comprométome a gardar ese contrasinal co máximo celo e eximo á ACFDG de calquera responsabilidade pola súa perda. Entendo que o devandito e-mail será o que me dea acceso a operar coa miña conta de galeuros, e que calquera orde dada desde el ao enderezo do administrador (galeuros@galeuros.com) será válida para efectuar movementos no meu saldo. Pola súa banda a ACFDG comprométese a gardar fielmente os meus datos de acceso e operacións e a respectar os meus dereitos recollidos na Lei Orgánica de Protección de Datos. A ACFDG ten rexistradas as súas bases de datos na Axencia de Protección de Datos como se pode consultar en http://legal.fillos.org Tamén me comprometo a que de maneira anticipada ou no mesmo momento en que deixe de participar no sistema de galeuros da ACFDG, reembolsarei a cantidade total de galeuros que me teña sido emitida ao meu favor ate entón, ao longo da miña participación no sistema, e segundo conste nos rexistros da ACFDG (saldo negativo da miña conta). Se non podo reembolsalos en forma de galeuros, reintegrarei a cantidade equivalente en euros. Se o meu saldo é positivo, a Asociación Cultural Fillos de Galicia entregarame a cantidade correspondente en euros, segundo a taxa de conversión do 90%. Tamén me comprometo a pagar unha penalización de 100 euros á devandita asociación se o meu saldo permanece con valor negativo de maneira continuada durante máis dun ano, e que a asociación destinará a compensar os custos de administración do sistema dos galeuros. Asemade concordo con aceptar os galeuros como pagamento parcial dos produtos e servizos que vendo ou ofrezo así como cotas de afiliados e doazóns, no caso de entidades non lucrativas, como mínimo por un 20% do prezo deses conceptos en euros, considerando que o pagamento dunha cantidade en galeuros serán equivalente a esa mesma cantidade en euros. Asumo o deber de comunicar co Comité Rector dos Galeuros calquera variación da miña capacidade de venta ou traballo que poida minguar a base tomada para calcular a miña capacidade máxima de emisión, como p.ex. calquera perda importante de ingresos fixos, de clientes ou subvencións ou calquera outra forma de ingresos. Para que o Comité Rector poida avaliar estes datos facilitarei toda a información económica que me sexa requerida acerca da miña actividade e facturación anual. Pola súa banda a ACFDG comprométese a aceptar os galeuros como pagamento total de todos os seus produtos ou servizos, cotas de socios e doazóns, e a promover que sexan aceptados por outros negocios e profesionais cos que chegue a acordos análogos ao presente. Este acordo pode ser cancelado por calquera das partes en calquera momento previo aviso escrito e pagamento do saldo pendente da conta de galeuros do asinante. Asinado (polo particular ou organización): ________________ Asinado (pola ACFDG): _____________________________________ </file>