A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

~~NOTOC~~ ===== Definición ===== O galeuro é a **primeira moeda virtual (electrónica) galega**. A esa definición inicial, na [[historia|II Etapa dos Galeuros]], engadíronse outras que a complementan e aumentan, como: - sistema de crédito mutuo internacional galego - moeda electrónica comunitaria, complementaria/alternativa galega - moeda da [[http://www.nacionmundialgalega.info|Nación Mundial Galega]]. Tamén entra na categoría de //sistema de crédito mutuo//. ===== Orixe ===== Foi creada pola [[http://www.fillos.org|Asociación Cultural Fillos de Galicia]]. Le máis na páxina de [[Historia]]. ===== Valor ===== Cada galeuro é **equivalente a 1 euro**, tendo //paridade fixa// con esta moeda. Coa reforma efectuada na II Etapa dos galeuros mantense esta equivalencia fixa co euro para facilitar a incorporación de negocios, individuos e outros colectivos, así como unha [[contabilidade]] sinxela. Isto quere dicir que **por un galeuro, obteremos o valor dun euro en produtos ou servizos**. Algunhas persoas e colectivos ademais poden **converter os seus galeuros a euros** nunhas determinadas condicións e a unha determinada taxa: //vid.// [[convertibilidade]]. ===== Símbolo ===== {{:galeuro-arial.gif |Símbolo do galeuro}}Desde o seu comezo o símbolo do galeuro é feito a partir do do euro, pero pechándoo de tal maneira que se forma unha //G// de //Galicia/Galiza// e de //galegos//. ===== Xeitos de participar ===== ^ Participante ^ [[aceptan galeuros|Acepta galeuros]] ^ [[quen pode emitilos|Pode emitir]] ^ [[convertibilidade|Poden converter a euros]] ^ Requisitos((Aínda que se especifica como requisito xeral ter aberta unha conta de usuario/a en http://tenda.fillos.org , iso reférese tan só aos requisitos para ter unha conta electrónica de galeuros, como quen ten unha conta bancaria. Porén, en canto circulen os galeuros en [[formatos]] físicos (impresos), tamén será factible aceptalos e usalos sen dispoñer desa conta.)) ^ | Asociación Cultural Fillos de Galicia | 100% do PVP dos seus produtos e servizos | ata 10.000 galeuros | si | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org | | Outras [[organizacións participantes nos galeuros|organizacións]] | entre o 20% e 100% do PVP dos seus produtos e servizos | ata 2.000 galeuros (ampliable) | si | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org e asinar acordo | | Comercios, tendas, profesionais | entre o 0% e 100% do PVP dos seus produtos e servizos | non* | non* | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org | | Socios da A.C. Fillos de Galicia | si (0%-100%) ou non | ata 2.000 galeuros (ampliable) | si | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org | | Outros particulares (consumidor e prosumidores) | si (0%-100%) ou non | non* | non* | Rexistrarse en http://tenda.fillos.org | NOTA (*): Particulares e organizacións poden adquirir o dereito a converter e a emitir galeuros previa autorización do [[Comité Rector dos galeuros]] e asinamento do acordo correspondente, que os equipararía ás [[organizacións participantes nos galeuros]]. Outra maneira é simplemente [[http://www.fillos.org/galicia/modules.php?op=modload&name=FDG-SocioForm&file=index|facerse socios da Asociación Cultural Fillos de Galicia]].