A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

~~NOTOC~~ ===== Utilidade para os particulares ===== Se tes galeuros podes utilizalos para: * **Gastar** en calquera das tendas, negocios, profesionais e organizacións que [[aceptan galeuros]]. * **Agasallarllos** a un/a amigo/a para que el/a os gaste de calquera destas formas. * **Pagarlle** a outra persoa (ou entidade) por algún servizo ou produto (como moeda de troca). Para saber quen acepta galeuros en pagamento polos seus servizos profesionais ou produtos, vai para [[http://www.fillos.org/galicia/index.php?name=PNphpBB2&file=viewforum&f=35|o Taboleiro de Fillos.org]], onde temos unha sección para o intercambio de galeuros entre membros da [[http://www.fillos.org/|Comunidade Virtual Fillos de Galicia]]. Proximamente temos intención de negociar con outras tendas e servizos galegos para que acepten a nosa moeda como pagamento e irémolo anunciando na sección de [[Aceptan galeuros]] para que saibades ónde gastardes os vosos galeuros. Por outra banda os galeuros hanlles permitir aos seus posuidores ampliar nalgunha medida a capacidade de resistiren a crise económica do sistema financieiro capitalista mundial ou puntuais crises monetarias locais. Na sección de [[mais informacion sobre moedas complementarias]] has atopar exemplos moi interesantes do que poden achegar os galeuros. ===== Utilidade para a Asociación Cultural Fillos de Galicia ===== As seguintes vantaxes que supoñen os galeuros para a asociación que os creou, son en boa medida aplicables tamén ao resto de [[Organizacións Participantes nos galeuros]] grazas á evolución da moeda na súa [[historia|II Etapa]]: * A [[convertibilidade]] permite que por exemplo os socios fornezan con liquidez en euros á asociación, adquirindo galeuros, que máis tarde lles serían reconvertidos a euros á taxa de troco vixente ou que usan para o resto de utilidades enriba mencionadas. * Cando se pague en galeuros totalmente un produto da http://tenda.fillos.org , ao recibir coa operación un 10% de galeuros en agasallo, implicará un **desconto** de facto do 10% ao que pague nesa moeda, fomentando así o seu uso na tenda e a venda dos produtos e servizos da asociación. * A posesión de galeuros por un número maior de persoas e en volume importante facilitará os doativos nesa moeda así como o pagamento de cotas, (asemade dos produtos e servizos), sendo por exemplo unha boa **oportunidade para ampliarmos o número de socios**. * A súa [[quen pode emitilos|capacidade de emisión]] permitélle financiar total ou parcialmente o **pagamento a traballadores, voluntarios, colaboradores e algúns fornecedores.** * A xente interesada en ter galeuros, tería unha motivación para facer traballos para a asociación e así conseguilos. Ao se ir aceptando en máis lugares a moeda, haberá máis demanda de galeuros e isto beneficiará a Fillos xa que máis xente faría cousas para a asociación a cambio deles: isto permitiría sacar adiante proxectos pendentes e mellorar o funcionamento de Fillos, **reactivando o voluntariado** da asociación (//vid.// p.ex. a [[http://www.fillos.org/galicia/index.php?name=PNphpBB2&file=viewtopic&t=3371|Campaña "Que che gustaría facer en Fillos?"]]). * **Mobilizaríanse recursos** xerais na [[http://www.fillos.org|Comunidade Fillos de Galicia]] o cal redundaría na súa consolidación e unidade, relacionando aínda máis aos seus membros. * Daría aínda máis solidez e utilidade á [[http://www.fillos.org|Comunidade virtual Fillos de Galicia]]. * Permite unha sinerxia con proxectos derivados de Fillos de Galicia, como a [[http://www.Parcelaria.com|Parcelaria Virtual pola Cultura Galega]] permitindo que a xente emitise galeuros para mercar parcelas. ===== Utilidade para outros emisores ===== * Ao funcionar como un **sistema de crédito mutuo sen xuros** implica unha vantaxe inherente: aínda que o emisor teña pouco diñeiro oficial e non lle dean crédito os bancos, participar nos galeuros **amplía o seu poder económico** e mais a súa liquidez e ábrelle portas para mercar e vender: //One economic advantage of mutual credit is that the currency supply is self-regulating--the money supply expands and contracts as needed, without any managing authority. The availability of interest-free loans is a great advantage to members of the system.// (Wikipedia) * Outras ONGs poden tirarlle un partido semellante a[[para_que_serven#utilidade_para_a_asociacion_cultural_fillos_de_galicia|o indicado enriba para o caso da Asociación Cultural Fillos de Galicia]]. ===== Utilidade para negocios e profesionais ===== * Substitúen a competencia pola escaso diñeiro oficial dos seus clientes, pola **cooperación** en complementar ese diñeiro con outra moeda, que permite así facer un número maior de operacións. * Ten as **mesmas vantaxes que un cupón de desconto** pero coa mellora engadida de que despois pode **servir para o negocio pagar** os servizos doutro negocio (para aumentar este atractivo hai que procurar buscar negocios que se fornezan os uns aos outros, creando unha rede de intercambios comerciais). * Ademais teñen a seguridad de que os poden [[convertibilidade|converter a euros]], á taxa vixente. * Suponlles unha **diferenciación competitiva**, coa boa imaxe por apoiar á comunidade en xeral e á Asociación Cultural Fillos de Galicia en particular. * Permítelles **fidelizar clientes** (como fan tamén os cupóns tradicionais). * **Publicidade de balde**, ao estar incluidos no listado dispoñible online de empresas e comercios que aceptan galeuros. Cando se impriman os primeiros [[formatos]] físicos dos galeuros, está previsto que inclúan unha listaxe de lugares onde se poden gastar, co cal cada billete será un //folleto// promocional do negocio que os acepte. * Ademais disporán de balde cada mes de 5.000 impactos dos seus banners nos espazos publicitarios responsabilidade de Fillos de Galicia. * Non precisan aceptar o 100% do pagamento polos seus servizos en galeuros: cada un pode determinar o % que lle interesa, ou un certo límite (agora si acepto... agora xa non). Normalmente aqueles negocios que teñen que facer fronte a maiores custos en euros e teñen menor marxe de ganancia tenderán a aceptar menos galeuros. * Os custos e traballo que dá usaren galeuros realmente son pequenos en comparación con estas vantaxes. Se os comerciantes aceptan galeuros e nunca os redimen, senón que os empregan para pagar a traballadores ou fornecedores, o **custo de participación é 0** para eles. * Fornece cun medio de conectar compradores e vendedores que **doutro xeito non comerciarían por falta de diñeiro**; consolida e amplía redes comerciais a nivel de Galiza e tamén coa Diáspora. * [[mais_informacion_sobre_moedas_complementarias#exemplos_de_moedas_complementarias|Na sección de links]] deste wiki pódense atopar interesante exemplos de uso empresarial coma a moeda WIR suíza. ===== Utilidade para Galiza ===== * En tempos de crise, unha moeda de uso local permite **consolidar os circuitos internos de comercio**, ao ser aceptada única ou principalmente en Galiza. É dicir: promove o comercio entre galegos. Isto redunda nunha maior [[http://es.wikipedia.org/wiki/Resiliencia_(ecolog%C3%ADa)|resilencia]] fronte as crises económicas. O movemento de [[http://www.transitiontowns.org|Cidades en Transición]], que prepara a diversas comunidades locais en todo o mundo para resistiren a dupla ameaza da Mudanza Climática e do [[http://www.vesperadenada.org|Teito do Petróleo]], ten un dos seus eixos de traballo nas moedas comunitarias. Contribúe a consolidar a auto-suficiencia da colectividade, ao xerar unha economía que permanece en si mesma e se convirte en menos dependente do exterior. Podes ler máis sobre estas vantaxes na nosa páxina de [[mais informacion sobre moedas complementarias]] e tamén [[mais informacion sobre moedas complementarias#citas|nas citas de diversos autores especialistas no tema]]. * Ao tempo, permite **afortalar vencellos económicos entre galegos de Galiza e da Diáspora**, ao ser usada tamén polos emigrantes e os seus descendentes: os negocios entre galegos (tan habituais en calquera lugar do mundo onde se atopen) agora dispoñen dunha moeda de seu para se realizaren. Daría aínda máis solidez e utilidade ao concepto de [[http://www.nacionmundialgalega.info|nación mundial]] que defende a Asociación Cultural Fillos de Galicia: os galegos de aquí e de acolá poderían funcionar coa mesma moeda, formando un **espacio monetario de noso** (complementario aos estatais do euro, peso, dólar, etc.) ...e a nivel mundial! * Mobiliza e fai //útil// a **xente máis nova e a xente máis vella**, normalmente con máis tempo ca diñeiro, así como outros recursos infrautilizados. * Fornece cun medio para xuntar a xente que precisa ingresos con traballos que precisan ser feitos e para **financiar traballos polo ben común**. * **Aumenta o poder de compra** da comunidade onde se usa. * **Dalle á xente máis control** sobre o que traballo que elixen facer, de tal modo que poidan elixir máis en función dos seus valores e menos por cuestións pecuniarias.