===== Consideración legal ===== Os galeuros a efectos legais poden ser considerados como: * un sistema de troco (múltiple), * un sistema LETS (crédito mutuo), * unha moeda privada ou un sistema de puntos de fidelización ou vales-desconto, o cal é empregado por multitude de empresas. ===== Son moeda? ===== Desde logo non son nin pretenden ser moeda de curso oficial. ===== Marco legal ===== O seu funcionamento está rexido polas normas publicadas neste wiki, polos acordos privados asinados entre os diversos participantes e polos textos impresos nas emisións físicas (cheques, billetes, bonos ou as que houber no futuro).