Esta é unha revisión antiga do documento!


Introdución

Nesta páxina explicaremos exemplos prácticos de uso dos galeuros, baseados os máis deles en situacións reais que xa se teñen producido desde a creación da moeda e que son ampliados con outros fiticios para ampliar as posibilidades e darvos ideas aos interesados en tirarlles proveito á vosa participación. Iso si, os nomes reais e algún outro dato foron trocados por privacidade ;-)

Exemplos de uso dos galeuros

  • Paulo fixo un traballo para o portal Fillos.org como voluntario e a Asociación Fillos de Galicia compensoulle a súa adicación con 500 galeuros. Paulo vive de aluguer nun piso de Carme, que é tradutora. Un mes, Paulo pagoulle a renda con 400 galeuros a Carme, que ela empregou para contratar a RedeGalega.org a realización dun web para promocionar os seus servizos profesionais como tradutora.
  • María tiña que pagar a súa cota de socia de Fillos de Galicia (30 euros) pero non podía enviar os cartos a tempo para estar ao día antes de comezar a Asemblea de socios. Carlos, que tamén era socio, pagou por ela mediante 30 galeuros que tiña, na tenda online, indicando que eran para a cota de María. Cando se viron Carlos e María, ela deulle os 30 euros a cambio.
  • Rosa estaba no paro e como tiña tempo libre, axudou como voluntaria a Fillos. A asociación compensouna con 200 galeuros, que ela despois usou para pagar parte dunhas obras que tiña que facer no seu piso, a Marcos, que ten unha pequena empresa de construción. El despois dooullos a unha ONG coa que colabora que os usou para pagar o hosting a RedeGalega.org.
  • Alberte vendeulle un libro a Paulo, e Paulo pagoulle con 12 galeuros. Alberte usou eses galeuros para pagar a súa cota á asociación Véspera de Nada da que é socio. Véspera de Nada usounos para pagar a Xan, outro dos seus socios, uns gastos que tivo que adiantar para esa asociación. Ese socio usounos para comprar na tenda de Fillos un agasallo para a súa moza.
  • Xurxo fai pequenos traballos profesionais para Fillos de Galicia, que a asociación lle paga en galeuros. Ao tempo, el ten contratado o seu dominio e hosting con RedeGalega.org e cando lle toca pagalos, faino cos galeuros que vai xuntando.
  • Uxía fai bastantes compras na tenda de Fillos e vai xuntando galeuros de agasallo. Cando ten de abondo, págalle con eles a cota a amigos de Cuba que non teñen maneira de enviar os 30 euros da cota de socios, para que se afilien á Asociación Cultural Fillos de Galicia.