A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

===== Introdución ===== Nesta páxina explicaremos exemplos prácticos de uso dos galeuros, baseados os máis deles en situacións reais que xa se teñen producido desde a creación da moeda e que son ampliados con outros fiticios para ampliar as posibilidades e darvos ideas aos interesados en tirarlles proveito á vosa participación. Iso si, os nomes reais e algún outro dato foron trocados por privacidade ;-) ===== Exemplos de uso dos galeuros ===== (Estes exemplos son viábeis na actualidade) * Paulo fixo un traballo para o portal Fillos.org como voluntario e a Asociación Fillos de Galicia compensoulle a súa adicación con 500 galeuros. Paulo vive de aluguer nun piso de Carme, que é tradutora. Un mes, Paulo pagoulle a renda con 400 galeuros a Carme, que ela empregou para contratar a [[http://www.redegalega.org|RedeGalega.org]] a realización dun web para promocionar os seus servizos profesionais como tradutora. * María tiña que pagar a súa cota de socia de Fillos de Galicia (30 euros) pero non podía enviar os cartos a tempo para estar ao día antes de comezar a Asemblea de socios. Carlos, que tamén era socio, pagou por ela mediante 30 galeuros que tiña, na [[http://tenda.fillos.org|tenda online]], indicando que eran para a cota de María. Cando se viron Carlos e María, ela deulle os 30 euros a cambio. * Rosa estaba no paro e como tiña tempo libre, axudou como voluntaria a Fillos. A asociación compensouna con 200 galeuros, que ela despois usou para pagar parte dunhas obras que tiña que facer no seu piso, a Marcos, que ten unha pequena empresa de construción. El despois dooullos a unha ONG coa que colabora que os usou para pagar o hosting a RedeGalega.org. * Alberte vendeulle un libro a Paulo, e Paulo pagoulle con 12 galeuros. Alberte usou eses galeuros para pagar a súa cota á [[http://www.vesperadenada.org|asociación Véspera de Nada]] da que é socio. Véspera de Nada usounos para pagar a Xan, outro dos seus socios, uns gastos que tivo que adiantar para esa asociación. Ese socio usounos para comprar na tenda de Fillos un agasallo para a súa moza. * Xurxo fai pequenos traballos profesionais para Fillos de Galicia, que a asociación lle paga en galeuros. Ao tempo, el ten contratado o seu dominio e hosting con RedeGalega.org e cando lle toca pagalos, faino cos galeuros que vai xuntando. * Uxía fai bastantes compras na [[http://tenda.fillos.org|tenda de Fillos]] e vai xuntando galeuros de agasallo. Cando ten de abondo, págalle con eles a cota a amigos de Cuba que non teñen maneira de enviar os 30 euros da cota de socios, para que se afilien á Asociación Cultural Fillos de Galicia. * Suso quere mercar 10 parceliñas en http://www.Parcelaria.com para promocionar durante 1 ano un colectivo que defende a natureza no seu concello. Válenlle 381 euros, pero como ten capacidade de emitir galeuros, como socio que é de Fillos, mércaas emitindo esa cantidade de galeuros. Queda o seu saldo a -381 galeuros, e Fillos de Galicia ingresa +381 galeuros. Posteriormente, para saldar esa cantidade negativa, vai facendo diversos traballos como voluntario para Fillos de Galicia, creando contidos, atendendo emails e axudando aos usuarios dos portais ofrecidos por esta organización. Así, en poucos meses fai 40 horas e a Asociación Cultural Fillos de Galicia ingrésalle en recoñecemento, 400 galeuros na súa, co cal fica cun saldo de +19 galeuros. Así sae gañando o seu colectivo ecoloxista que se beneficia da promoción en Parcelaria.com, gaña Fillos de Galicia e os seus usuarios que ven mellor atendidos os seus servizos grazas a un novo voluntario, e gaña Suso porque puido mercar ese espazo publicitario creando o seu propio diñeiro. (Estes outros exemplos serán viábeis no momento que calquera outra entidade ou persoa acepte participar no sistema galeuros) * Fidel, que traballa coma voluntario para Fillos de Galicia, participa no sistema dos galeuros e ofrece servizos profesionais de marketing electrónico a entidades sen fin de lucro e acepta galeuros como pago polos seus servizos. * A Asociación sen fin de lucro “Comercio con xustiza”, participante no sistema galeuros, encarga a Fidel a realización dunha sondaxe electrónica sobre o seu sistema de tenda virtual, pagándolle en galeuros. * Fidel merca produtos de comercio xusto na tenda virtual de “Comercio con Xustiza” e paga en galeuros, agás os gastos do envío que os paga contra reembolso. * O bufete de avogad@s “Lex solidariae” (unha destas persoas é socio da Asociación Cultural Fillos de Galicia e é posuidor de galeuros), decide aceptar galeuros como pagamento polos seus servizos xurídicos. * Alguns dos socios da asociación “Comercio con Xustiza” están a pagar as súas cotas en galeuros, xa que son tamén participantes do sistema e aceptan galeuros polo seu traballo profesional. * A cooperativa de produtos ecolóxicos “Eco-labreg@s galeg@s”, decidiu aceptar galeuros como sistema de pagamento para a súa tenda virtual. Fíxoo de xeito parcial polo que parte do custo (50%) compénsase en galeuros e o resto en euros. * Distint@s posuidores de galeuros fan mercas nesa tenda virtual e danlle a oportunidade á cooperativa de capitalizarse en galeuros estando a mercar produtos ou servizos nesta moeda. * Eco-labreg@s galeg@s gasta os seus galeuros na contratación de servizos xurídicos a “Lex solidariae”, mesmo contratan a Fidel para algunha necesidade comercial que tiñan, para a mellora do sistema de tenda virtual. * A herborístería “Saude verde”... * O restaurante “Lar enxebre”... * ...