Esta é unha revisión antiga do documento!
Para poder ter galeuros debes ter unha conta na nosa tenda. Non fai falla que compres nada nela, soamente que esteas rexistrado.
Todos os membros da Comunidade Virtual Fillos.org teñen automaticamente unha conta na tenda, así que é moi doado: só tes que entrar co teu e-mail e contrasinal e alí poderás ver na túa conta, os galeuros que tes e os seus movementos (abaixo, na páxina principal da túa conta).
Para saber cantos galeuros tes ou que movementos realizaches tamén podes enviarnos unha consulta ao administrador dos galeuros en galeuros ARROBA galeuros PUNTO com
.
A contabilidade tanto na I Etapa como no comezo da II faise mediante un duplo sistema:
Iso quere dicir que cada movemento se rexistra en 2 lugares: na base de datos online da http://Tenda.Fillos.org (manualmente se é un traspaso ou automaticamente se é unha compra efectudada na propia tenda) e mais manualmente na folla de cálculo local.
Na II Etapa amplíase o rexistro offline en folla de cálculo, para incluir en total os seguintes datos:
As contas antigas serán migradas a este sistema máis completo, enchendo os campos que sexan precisos.
A comunicación das operacións ou movementos de galeuros que non sexan automaticamente rexistradas mediante a propia http://tenda.fillos.org (compras de produtos da tenda), deberá incluir quen trasmite a quen cantos galeuros e con que data, e poderase facer:
admin ARROBA galeuros PUNTO com
.Para a cuestión da verificación da identidade vid. Seguridade.
Xa que o enderezo de e-mail é o que se asocia a cada conta, é moi importante non perder o acceso ao devandito e-mail para poder operar cos galeuros que cada quen posúe. Se un/ha usuario/a prevé que vai deixar de ter acceso a un determinado e-mail é moi aconsellable que ordee trasferir todos os seus galeuros a unha nova conta asociada ao novo e-mail ao que vaia ter acceso.
Ademais dos galeuros nestas contas, a partir da II Etapa dos Galeuros poderán existir tamén outros soportes físicos: bonos, billetes, etc.
O saldo total do sistema debe ser 0 en todo momento (saldos positivos e negativos), como en todo sistema de crédito mutuo (LETS). Publicarase neste wiki na sección de Os galeuros en cifras de maneira o máis actualizada posible a información sobre as cifras totais de saldos e movementos do sistema, protexendo a privacidade dos participantes, e cun obxectivo de transparencia e confianza.