A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

~~NOTOC~~ ===== Como se levan as contas dos galeuros ===== Para poder ter galeuros debes ter unha conta [[http://www.fillos.org/tenda|na nosa tenda]]. Non fai falla que compres nada nela, soamente que esteas rexistrado. Todos os membros da [[http://www.fillos.org|Comunidade Virtual Fillos.org]] teñen automaticamente unha conta na tenda, así que é moi doado: só tes que [[http://www.fillos.org/tenda/account.php|entrar co teu e-mail e contrasinal]] e alí poderás ver na túa conta, os galeuros que tes e os seus movementos (abaixo, na páxina principal da túa conta). Para saber cantos galeuros tes ou que movementos realizaches tamén podes enviarnos unha consulta ao [[administrador dos galeuros]] en **''galeuros ARROBA galeuros PUNTO com''**. ===== Datos que conforman as contas ===== A contabilidade tanto na I Etapa como no comezo da II faise mediante un duplo sistema: - online (soportado nun módulo da http://Tenda.Fillos.org) - e offline (cunha folla de cálculo de apoio ou respaldo). Iso quere dicir que cada movemento se rexistra en 2 lugares: na base de datos online da http://Tenda.Fillos.org (manualmente se é un traspaso ou automaticamente se é unha compra efectudada na propia tenda) e mais manualmente na folla de cálculo local. Na II Etapa amplíase o rexistro offline en folla de cálculo, para incluir en total os seguintes datos: - Data da operación. - Fornecedor (nome de usuario/a, vencellado a un e-mail). - Receptor (nome de usuario/a, vencellado a un e-mail). - Descrición da operación. - Débito ou debe (diminución do saldo por compra). - Crédito ou haber (medre do saldo por venda). - Saldo actualizado do/a usuario/a. As contas antigas serán migradas a este sistema máis completo, enchendo os campos que sexan precisos. ===== Comunicación das operacións ===== A comunicación das operacións ou movementos de galeuros que non sexan automaticamente rexistradas mediante a propia http://tenda.fillos.org (compras de produtos da tenda), deberá incluir **quen** trasmite **a quen cantos** galeuros e con **que data**, e poderase facer: - Por e-mail (o e-mail autorizado para esa conta será suficiente verificación), aconsellándose facelo **con acuse de recibo**, dirixido a ''admin ARROBA galeuros PUNTO com''. - Por teléfono (só para os socios ou OPGs). - Por teléfono-IP //(Skype//, //Ekiga// ou similar, desde conta autorizada). - Por SMS (desde o número de teléfono autorizado): aínda que isto fica supeditado ao futuro desenvolvemento técnico dalgunha vía para facelo e deixar rexistro. Para a cuestión da verificación da identidade vid. [[Seguridade]]. Xa que o enderezo de e-mail é o que se asocia a cada conta, é **moi importante non perder o acceso ao devandito e-mail** para poder operar cos galeuros que cada quen posúe. Se un/ha usuario/a prevé que vai deixar de ter acceso a un determinado e-mail é moi aconsellable que ordee trasferir todos os seus galeuros a unha nova conta asociada ao novo e-mail ao que vaia ter acceso. ===== Galeuros en soporte non electrónico ===== Ademais dos galeuros nestas contas, a partir da II Etapa dos Galeuros poderán existir tamén [[formatos|outros soportes físicos: bonos, billetes, etc.]] ===== Saldo total ===== O saldo total do sistema debe ser 0 en todo momento (saldos positivos e negativos), como en todo sistema de crédito mutuo (LETS). Publicarase neste wiki na sección de [[Os galeuros en cifras]] de maneira o máis actualizada posible a información sobre as cifras totais de saldos e movementos do sistema, protexendo a privacidade dos participantes, e cun obxectivo de transparencia e confianza.