Existen diversas maneiras:

  • Por cada compra que fagas na nosa tenda, recibirás unha certa cantidade de galeuros, proporcional ao importe da compra.
  • Os voluntarios e membros que contribúen co seu traballo e dedicación a facer Fillos.org, PlanetaGalego.info ou outros proxectos da nosa asociación, tamén poderán ser recompensados con diversas cantidades de galeuros.
  • Outro posuidor de galeuros pódechos tamén regalar.
  • Un cliente teu pode pagarche en galeuros se ti aceptas esta moeda como pagamento válido.
  • Vai para o noso Taboleiro, onde temos unha sección para o intercambio de galeuros entre membros de Fillos.