Na II Etapa dos Galeuros créase un Comité Rector dos Galeuros, formado por:
A función deste Comité será dirixir todo o relativo aos galeuros, con base ás normas aprobadas na IX Asemblea da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Non terá poder para modificar estas normas, pero será consultivo e terá capacidade de xestión. Poderá propoñer á Asociación Cultural Fillos de Galicia calquera modificación das normas que considere de interese.
A responsabilidade legal seguirá a ser da Asociación Cultural Fillos de Galicia, aínda que se pretende que sexa de maneira transitoria. Prevese que esta decida proximamente delegar a capacidade de modificar a normativa dos galeuros neste Comité Rector dos Galeuros, para unha maior democratización e implicación das Organizacións Participantes nos Galeuros.
O Comité Rector dos Galeuros elixe ao administrador dos galeuros.