A PCRE internal error occured. This might be caused by a faulty plugin

~~NOTOC~~ ===== Asociación Cultural Fillos de Galicia ===== http://www.fillos.org Acepta galeuros en troco de: * Compras [[http://www.fillos.org/tenda|na tenda online de Fillos de Galicia]], total ou parcialmente (pago conxunto en moeda real e en galeuros): 100% en galeuros, ou pagamento parcial. * Cota de socio/a ou calquera outro pagamento á asociación Fillos de Galicia ([[http://www.fillos.org/tenda/index.php?cPath=26&osCsid=0|doazóns]], [[http://www.fillos.org/fillos/servicios/certificados-nacimiento.php|certificados de nacemento]], etc.): 100% en galeuros, ou pagamento parcial. * <del>Servizos ofrecidos por [[http://www.redegalega.org|RedeGalega]] (aloxamento ou desenrolo de webs, campañas de marketing online, etc.): 100% en galeuros, ou pagamento parcial.</del> (Desde 2010 Fillos de Galicia xa non ofrece estes servizos.) Comezou a participar nos galeuros en: Febreiro de 2006. ===== Alejandro López González, avogado ===== http://www.obufete.com Avogado con despacho en Santiago de Compostela, rúa do vilar, 58-1º, tlf 981 582 912 e correo electrónico alejandro@obufete.com. Bufete aberto dende 1998 especializado en dereito de danos e responsabilidade civil, dereito administrativo. A responsabilidade social corporativa é un elemento chave no noso despacho, motivo polo que temos colaborado con diversas ONG e asociacións. Acepta galeuros en troco de: * Honorarios por asesoramento en todo tipo de cuestións de dereito civil xeral (contratos, arrendamentos, propiedade horizontal, dereito de familia familia, sucesións...) e administrativo (emprego público, sancións, expropiacións, xurisdicción contencioso-administrativa...): desde un 25% ata un 50% en galeuros. Comezou a participar nos galeuros en: Abril de 2006. ===== Manuel Casal Lodeiro, consultor de Internet ===== http://www.casdeiro.info/casal-lodeiro.htm Licenciado en Informática pola Universidade de Deusto, especializado en consultoría de proxectos en Internet. Contacto: ''consultor ARROBA casdeiro PUNTO info''. Acepta galeuros en troco de: * Labores de asesoramento para todo tipo de proxectos en Internet (comerciais e tamén non lucrativos): 100% en galeuros, ou pagamento parcial. * Asesoramento para a posta en marcha de moedas complementarias: 100% en galeuros, ou pagamento parcial. Comezou participar nos galeuros en: Febreiro de 2006. ===== Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo ===== http://www.vesperadenada.org Asociación galega que traballa para concienciar sobre a cuestión do teito do petróleo e dar a coñecer as alternativas ao actual modelo socioeconómico dependente do petróleo. Aceptan galeuros como pagamento parcial ou íntegro das cotas de socio (15 galeuros). Comezou a participar nos galeuros en: Maio de 2009. ===== Graciela B. Fondo Buyo ===== Acepta galeuros no 100% dos seus servizos profesionais de tradución inglés<->español. Podes contactar con ela no portal de Fillos de Galicia: usuaria [[http://www.fillos.org/galicia/user.php?op=userinfo&uname=grafondo|grafondo]] ou [[http://about.me/graciela.fondo.buyo|no seu web persoal]]. Comezou a participar nos galeuros en: Xuño de 2009. ===== Pachacutimedia - Servizos audiovisuais para a sustentabilidade ===== Pachacutimedia ofrece servizo a entidades, asociacións, organizacións non lucrativas, colectivos e grupos humanos que desenvolvan o seu traballo co obxectivo de procurar a sustentabilidade; proporcionando para a promoción e difusión das súas actividades SERVIZOS AUDIOVISUAIS E MEDIÁTICOS DE BAIXO CUSTO. Acepta galeuros no 100% dos seus servizos profesionais. Máis información en: http://www.pachacutimedia.org Pachacutimedia é unha iniciativa profesional levada a cabo por Antonio Palma. Podes contactar con el no portal de Fillos de Galicia: usuario [[http://www.fillos.org/galicia/user.php?op=userinfo&uname=antoniogaliza|antoniogaliza]] e tamén en info ARROBA pachacutimedia PUNTO org Comezou a participar nos galeuros en: Xullo de 2009. ===== Sacando Virutas - Martín Morales Ferreiro ===== Martín Morales é un artesán da madeira que baixo o nome de Sacando Virtuas ofrece diversos produtoscomo letreiros, escudos, esculturas, cascanoces, pequenos mobles, lámparas, reloxos... Acepta galeuros polo 50% do valor dos seus produtos, pero precisa confirmación segundo cada traballo. Máis información e contacto en http://www.actiweb.es/sacandovirutas/ Comezou a participar nos galeuros en: Maio de 2012. ===== Casa Pousadoira ===== A casa de turismo rural Pousadoira, en Miño (zona de Eume-Betanzos), acepta galeuros polo 50% do valor da estancia. Máis información e contacto en http://pousadoira.com/ Comezou a participar nos galeuros en: Agosto de 2012. ===== Asociación Touda ===== Touda é unha xoven asociación con sede no País Vasco que actúa en varios terreos como a sostibilidade, Internet e a conservación e difusión do patrimonio cultural, especialmente nos ámbitos xeográficos e culturais galego e vasco. Acepta galeuros no 100% [[http://www.asociacion-touda.org/acerca-de-touda/|dos seus servizos]], aínda que requeren confirmación dependendo do tipo de traballo. Tamén como pagamento polos [[http://www.asociacion-touda.org/libros/|libros]] que venden. Máis información e contacto en: http://www.asociacion-touda.org/ Comezou a participar nos galeuros en: Novembro de 2012. ===== Saramaganta ===== Saramaganta é un veterán coectivo que fornece recursos telemáticos a outros colectivos sociais galegos, movementos sociais e o terceiro sector en xeral. Aceptan galeuros como achegas/doazóns para o mantemento dos seus servizos. Podes contactar con eles en: http://www.saramaganta.info/ Comezou a participar nos galeuros en: Xaneiro de 2013. ===== Escuela Integral de Desarrollo (Coach), Vigo ===== A escola ofrece coaching individual, en sesións telefónicas de 1 h de duración, e tamén talleres de crecemento interior (xestión emocional, asertividades, superación de crises), e coaching de empresa (dirixido a empresarios ou a traballadores). Aceptan galeuros como pagamento do 100% dos seus servizos. Podes contactar con eles en ''candycoach ARROBA hotmail PUNTO es'' e nos teléfonos 654 550 690 e 886 11 60 13. Comezaron participar nos galeuros en: Xaneiro de 2014. ===== Moncho de Fidalgo, escritor ===== Ofrece en troca de galeuros os seus libros, que tamén se poden descargar de balde moitos deles da [[http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=JosRodri&alias=Moncho+de+Fidalgo|Biblioteca Virtual Galega]]: * //[[http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=OSe%28Ugue1&alias=Moncho+de+Fidalgo&|O sereno (um guerrilheiro em Stalingrado)]]//. * //[[http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Seocadov1&alias=Moncho+de+Fidalgo&|Seguindo o caminho de vento]]//. * //[[http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=CodoOu++1&alias=Moncho+de+Fidalgo&|Contos do outono]]//. * //[[http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=Codefaem1&alias=Moncho+de+Fidalgo&|Contos de fada en do maior]]//. * //[[http://bvg.udc.es/ficha_obra.jsp?id=CocoAn%C1r1&alias=Moncho+de+Fidalgo&|Conversas com Antom Árias Curto]]//. Para solicitar os libros —dos que habería que pagar en euros os gastos de envío postal— hai que escribir ao autor a monchofidalgo ARROBA yahoo PUNTO com PUNTO br. Comezou a participar nos galeuros en: Decembro de 2014. ===== Outros ===== Aparte das entidades e profesionais devanditos, hai outros que aceptan puntualmente galeuros para efectuar trocos puntuais, e que non están listados nesta páxina. Proximamente iremos incorporando a este listado máis tendas, negocios, empresas, profesionais, particulares, asociación, etc. que aceptan galeuros. ===== Ti tamén podes estar nesta páxina! ===== **Se a ti (ou á túa empresa ou organización)** tamén che interesa participar neste proxecto aceptando galeuros como pagamento, ponte en contacto connosco escribíndonos a ''admin ARROBA galeuros PUNTO com''.